Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Sobre o mosteiro de Caaveiro
O día 7 de marzo de 2007 creamos un blogue, o meu ainda non sabe o pobre que rumbo tomará, pero xa nos aclararemos.

14/03/2007 GMT 1

Dónde o podemos visitar?

digna @ 18:36

Parque Natural Fragas do Eume

Ubicación: Cabanas,A Capela, Monfero, Pontedeume (A Coruña)
Superficie: 9.126 Ha.
Data de declaración: 30/06/1997
Lexislación: Real Decreto 211/96 de 2 de maio

O Parque Natural das Fragas do Eume, cunha superficie de 9.393,4 ha., comprende un abrupto val de orixe tectónico, con frecuentes valgadas e gargantas, de cubertas arbóreas que hoxe representan un dos bosques climáticos máis extensos de Galicia. Este espacio forma parte da cunca do río Eume, podéndose defini-la gran maioría do seu terreo como de media montaña, e caracterizándose a súa paisaxe por unha forte antropización. O espacio encóntrase localizado entre os concellos de Cabanas, A Capela, Monfero e Pontedeume, pertencentes á provincia da Coruña. Lonxitude: 7º 58’ 52’’     Latitude: 43º 22’ 29’’

Xeoloxía:

Fragas1.jpg (23489 bytes)Esta zona caracterízase por posuír unha xeoloxía variada, contando cun valor paisaxístico e xeolóxico moi importante. Inclúe materiais pertencentes a dous dominios diferentes e granitoides diversos, así como depósitos terciarios e recubrimentos cuaternarios.

A idade dos materiais vai desde o Precámbrico, pasando polo Ordovicio e Silúrico, ata o cuaternario.

Xeomorfoloxía.

O aspecto máis notable da área é a súa variación altitudinal, que vai desde o nivel do mar, ó oeste, ata case os setecentos metros no somonte da serra da Loba, no seu extremo leste. Esta diferencia altitudinal sálvase por medio de sucesivos chanzos.

Fragas5.jpg (19843 bytes)Así, desde a costa cara ó interior, atopámo-la superficie de erosión tortoniense, que se sitúa arredor dos 200m de altitude e constitúe as terras baixas das mariñas que rodean a embocadura do Eume, a superficie de erosión aquitaniense, situada por encima da anterior, a unha altura aproximada de 400m, e a superficie fundamental superior eóxena-paleóxena, situada arredor dos 600 m de altitude.

Tamén cómpre sinalar, por unha parte, o encaixe dos cursos baixos e medios dos ríos, que dan lugar a canóns espectaculares (de máis de 300 m de altura) e, por outra, a existencia de fosas ou bloques afundidos, das cales a máis importante é a depresión das Pontes de García Rodríguez e maila ría de Ares-Pontedeume.

As formacións máis importantes de gargantas e canóns atópanse bordeando a serra do Forgoselo, continuando río abaixo a partir da presa.

Clima.

Fragas6.jpg (19501 bytes)O clima é claramente de influencia oceánica, con réxime térmico suave e escasa mediterraneidade, incrementada na zona costeira.

A precipitación sitúase entre os 1.400 mm na costa e os máis de 1.900 mm, nas zonas máis altas do interior.

A temperatura media anual vai desde os 15'1º C ata os 11'7º C.

Os ventos dominantes son do EN e SO.

Cómpre sinala-la enorme diversidade de microclimas existentes na zona. Fenómenos de inversión térmica no fondo dos vales, distinta orientación das ladeiras, o o carácter abrupto dos canóns fluviais, provocan a proliferación de condicións climáticas especiais.

Hidroloxía.

Fragas7.jpg (24140 bytes)A canle principal é o río Eume, que practicamente o disecciona pola súa zona central. O Eume, con 76 km. de lonxitude, nace na serra do Xistral e desemboca na ría de Ares, formando a ría de Pontedeume. A súa cunca é alongada, ensanchándose á metade do seu curso, tanto na súa marxe dereita, cos ríos Manciñeira (11 km) e Ponte da Pedra (11 km), que divagan pola depresión das Pontes, como na esquerda, onde os afluentes San Bartolomé (8 km) e Frei Berbuz (10 km), xunto co curso baixo do Eume e o que quedou por encima do nivel das aguas da presa, de aproximadamente 10 km de lonxitude, que inundou o curso medio do río, a zona de maior interese ecolóxico.

Solos.

Fragas8.jpg (8055 bytes)Caracterízanse por un elevado contido en materia orgánica, baixa capacidade de cambio e elevada acidez. Presentan texturas grosas e elevada porosidade.

Xeralmente son leptosoles e cambisoles, aínda que poden dar lugar a procesos de podsolización e gleificación , segundo o proceso edafoxénico.

Os solos sobre lousas e flitas ocupan unha superficie importante, sendo os podsoles o tipo de solo máis frecuente, mentres que os solos derivados das rochas da formación ollo de sapo presentan, en xeral, texturas grosas e boa drenaxe, con propiedades similares ás dos solos graníticos.

Os solos sobre rochas básicas soamente ocupan unha estreita franxa nas proximidades de Pontedeume.

Flora e fauna.

Fragas3.jpg (24730 bytes)Os bosques presentes na zona de influencia do río Eume teñen características moi diferenciadas; entre eles distínguense os de frondosas (podemos encontra-las fragas de carballo, clase Querco-fagetea, asociación Blechno-spichant), e as fragas de ameneiros (Populetalia); ribeira (fragas riparias de alisos, Senecio-alnetum); e piñeiros de repoboación.

Os bosques de ribeira teñen un importante valor científico, xa que albergan especies con presencia nas nosas latitudes cada vez máis escasa, así como varios endemismos.

Unha importante riqueza florística destas fragas constitúena unha alta porcentaxe de flora criptogámica e as aproximadamente 25 especies que compoñen a flora pteridológica.

En canto á flora briofítica, a riqueza destas fragas é excepcional. Aquí están representadas 221 especies ( 85 hepáticas e 136 brións) do total de 471 especies coas que conta a bioflora galega; destas especies, 52 son novas para Galicia.

Valor similar ten a flora liquénica desta paraxe, con tres especies novas para Europa continental e 24 para a flora española.

Deste modo destacaremos entre a flora a Woodwardia radicans, Culcita macrocarpa, Trichomanes speciosus, Narcissus cyclamineus, e mailo Narcissus asturiensis.

Fragas4.jpg (21745 bytes)En canto á FAUNA, a gran productividade, a temperatura suave e a boa humidade existente, xunto co carácter climático das fragas, son factores que fomentan un excepcional interese no aspecto zoolóxico.

En canto ós invertebrados, son destacables moitos taxons estrictamente dependentes de certas especies vexetais e algunhas especies vexetais dependen dalgún invertebrado, normalmente insectos.

Existen especies de invertebrados endémicos de Galicia e de Europa, como a Elona quimperiana, Geomalacus maculosus, Margaritifera margaritifera, Coenagrion mercuriale, Euphydryas aurinea e o Lucanus cervus, e outros de importancia, como a Belgradiella rolani.

En canto a anfibios e réptiles, podemos destaca-la Chioglossa lusitanica, a Rana iberica, Lacerta montícola subsp. cantabrica, e a Vipera seoanei.

A especie Chondrostoma polylepis, sinalarémola como exemplo de peixes das augas do Eume

Fragas2.jpg (19376 bytes)Esta paraxe sérvelles de refuxio ás poucas poboacións dalgúns vertebrados ligados ás fragas e ó mato, moitos deleos ameazados ou en perigo de extinción, aínda que protexidos por diferentes normas.

Da clase dos mamíferos, sinalarémo-lo Rhinolophus ferrum-equinum; Myotis myotis; Lutra lutra; Galemys pyrenaicus;Rhinolophus hipossideros; Canis lupus; Felis sylvestris; Genetta genetta; Glis glis; Martes martes; Mustela erminea e o Sorex granarius, entre outros.

En canto ás aves da fraga, tamén posúen un importante interese, sobre todo as aves depredadoras, como o Pernis apivorus, Bubo bubo, ou o Caprimulgus europaeus. Tamén atoparemos un gran número de aves migradoras.

En resumo, a fauna superior de vertebrados pódese sintetizar do seguinte xeito: 8 especies de peixes; 15 especies de anfibios; 14 especies de réptiles; 103 especies de aves; 41 especies de mamíferos.

Historia e cultura.

Fragas8.jpg (8055 bytes)No territorio vinculado á cunca do Eume, encóntranse numerosas mostras da existencia dunha cultura megalítica importante .

O maior esplendor histórico artístico está relacionado co medioevo, representado polo mosteiro de Caaveiro (declarado monumento histórico artístico), no concello da Capela. Destacable é tamén o mosteiro de Monfero, próximo á área, representando un patrimonio impresionante e de gran beleza. Ámbolos dous están situados no tramo medio do río.

Así mesmo, a zona recolle restos de castelos que rememoran a importancia da nobreza da área.

En canto á arquitectura popular, está ricamente representada polos pazos e a arquitectura rural, ademais da vila de Pontedeume, declarada casco histórico artístico. Tamén hai que sinala-la importancia da arquitectura relixiosa, así como o rico patrimonio etnográfico.

Comentarios

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis