Celestino García Braña
Celestino García Braña é o autor do proxecto de restauración.
A Deputación da Coruña colaborará cos actos de conmemoración dos 1.100 anos de San Rosendo

A Deputación Provincial da Coruña vén de anunciar que prestará todo o seu apoio aos actos de conmemoración dos 1.100 anos de San Rosendo. Un apoio que xa lle foi notificado oficialmente á nosa Diocese no transcurso dunha entrevista mantida polo responsable de cultura da institución provincial, Celestino Poza, co vigario xeral, Félix Villares Mouteira. Dase a circunstancia, ademais, de que a Deputación é propietaria dun dos enclaves máis vencellados á historia do santo, o mosteiro de San Xoán de Caaveiro, que ven de ser restaurado baixo a dirección dun dos maiores expertos en patrimonio do país e actual decano-presidente do Colexio de Arquitectos de Galicia, Celestino García Braña. Durante a entrevista, mantida hai escasos días, Celestino Poza púxoo a disposición da diocese ferrolá-mindoniense para todos aqueles actos, vencellados á figura de San Rosendo, que o bispado queira promover nun dos máis fermosos enclaves de Galicia; nun mosteiro, antiga colexiata de coengos regulares de San Agustín, que está situado en pleno corazón das Fragas do Eume, o bosque atlántico mellor conservado de Europa. Durante a mesma entrevista, Celestino Poza expresou o interese da Deputación coruñesa por poñer en valor todo o patrimonio cultural diocesano, tanto no que atinxe á arquitectura e á escultura como á literatura en lingua galega.

Chúzao
del.icio.us